Prensa

Publicado: 15 Xuño, 2010 por diamantesepistolas en prensa

O pasado xoves 27, Faro de Vigo publicou unha nota na axenda para todo aquel que se quixera achegar ao rodaxe:

“Os alumnos de produción de cine do IES Audiovisual de Vigo están estes días a rodar a curtametraxe “Diamantes e pistolas”, protagonizada por Bea Serén e Rubén Riós, actor coñecido pola súa presenza na serie Matalobos e no filme Pradolongo. “Diamantes e pistolas” narra a historia de Roi, un novelista frustrado que atopa a súa inspiración nos matóns dun escuro barrio portuario. A escena final será gravada no propio instituto o xoves 27 ás 11:30. O equipo da rodaxe invita a todos os interesados en participar como extras nesta escena a achegarse polo IES Audiovisual de Vigo. O IES Audiovisual está sito en Bouzas, Rúa Eduardo Cabello s/n (detrás do Instituto de Investigacións Mariñas, CSIC). Este traballo conta co apoio do Equipo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Clesa, Begano, a Escola de Deseño de Moda Goymar e Edicións Xerais entre outros”

Podes vela clickando eiquí

Advertisements

Fin da gravación

Publicado: 7 Xuño, 2010 por diamantesepistolas en gravación

Os dias 25, 26 e 27 do pasado mes de Maio gravamos “Diamantes de pistolas”. Contamos coa presenza dos actores Rubén Riós, Luis Soneira e Beatriz Serén. Todo un éxito e un pracer traballar con eles!

Último día

Publicado: 26 Maio, 2010 por diamantesepistolas en gravación, prensa

Mañá é o último día e quedan un par de secuencias fáciles e a secuencia final da película, así que decidimos invitar a todos os interesados a visitar a gravación e participar como extras na escena final, que ten lugar na presentación dun libro (non direi máis).

Estades todos invitados: mañá xoves ás 10:30 no IES Audioviual de Vigo, en Bouzas.

A nosa invitación tamén aparece en vigoalminuto.com e no Faro de Vigo

O libro de Roi xa ten portada

Publicado: 14 Maio, 2010 por diamantesepistolas en libro

“Diamantes e pistolas” de Roi C. Falque, editado por Xerais xa ten portada:

Finalmente gravamos!

Publicado: 30 Abril, 2010 por Fer Martínez en gravación, preprodución

O pitching de Diamantes e Pistolas foi aprovado! E iso que nos pillaron nun par de preguntiñas e estabamos un pouco nerviosos. Sen embargo, agora temos que poñernos a tope!
Imos repasar o guión e confirmar o plan de traballo. A outra curta seleccionada foi O Mestre. ¡¡NORABOA!!
E parabéns a Xurxo, Víctor, Sheila, Jaime, Brais, Mateo, Pablo e Alex, que gañaron a porra (e quedades sen cartos por non querer ter apostado, ala).

Mañá se decide todo

Publicado: 28 Abril, 2010 por Fer Martínez en preprodución

Mañá e o pitching!!

Despois de volvernos toliños toliños para atopar aos actores (finalmente contamos con Beatriz Serén, Luis Soneira e Ruben Riós), para atopar as localizaciós, axustar o plan de traballo, desglosar, facer listados, pensar orzamentos, currículos e demáis… Mañá é o gran día! A verdade é que estamos desexando presentar o proxecto e saber dunha vez por todas cal é o resultado!

A porra está candente e probablemente haberá algunha que outra sorpresa, aínda que os nosos compañeiros sexan tan rancios como para non querer aportar nin un euriño e facelo máis emocionante!

Sen máis, sorte a todos e moito ánimo!

Xa temos actriz

Publicado: 21 Abril, 2010 por Fer Martínez en actores, preprodución

Boas a todos de novo.

Xa podemos confirmar quen será a actriz principal da curta. Trátase de Beatriz Serén. Dende o equipo cremos nela e na sua capacidade, e foi elexida entre bastante xente que nos mandou os seus curriculums. Moitas grazas a todos eles por mostrar interese. Se queredes botarlle unha ollada a esta rapaza, visitade a súa web.

O resto do reparto comeza a tomar forma, e xa temos case pechado ao actor secundario, e o principal vai por bo camiño.

Actualizaremos conmáis novidades, e agora continuamos e xa con actriz!!!!!