Arquivo para a categoría ‘actores’

Xa temos actriz

Publicado: 21 Abril, 2010 por Fer Martínez en actores, preprodución

Boas a todos de novo.

Xa podemos confirmar quen será a actriz principal da curta. Trátase de Beatriz Serén. Dende o equipo cremos nela e na sua capacidade, e foi elexida entre bastante xente que nos mandou os seus curriculums. Moitas grazas a todos eles por mostrar interese. Se queredes botarlle unha ollada a esta rapaza, visitade a súa web.

O resto do reparto comeza a tomar forma, e xa temos case pechado ao actor secundario, e o principal vai por bo camiño.

Actualizaremos conmáis novidades, e agora continuamos e xa con actriz!!!!!

O tagline

Publicado: 7 Abril, 2010 por diamantesepistolas en actores, preprodución

Diamantes e pistolas… Pero pistooolas, pistolas.
Diamantes e pistolas… NUI!
Diamantes e pistolas… En realidade son cristais.
Diamantes e pistolas… Ctrl+Z
Diamantes e pistolas… QuentÍIIIIIIIn.
Diamantes e pistolas… Sempre nos quedará Bouzas.
Diamantes e pistolas… A letra con sangue entra
Diamantes e pistolas… Joder, atopar un tagline decente é máis dificil do que parece. Estamos a volvernos tolos. Iso sí, unhas risas botámonos, que parecemos parvos dicindo tantas estupideces.

E nesas andamos. Tamén modificamos o guión (xa temos o case definitivo, yuhu!!!) e xa podemos mandalo para os posíbles actores. Remataremos facendo un casting de actores amateurs, pero por tentalo… Non pasa nada.

Tamén tivemos unha maravillosa discusión acerca de hórreos e canastros e buscamos imaxes para o título do blog. Mellor non dicir as posibles opcións… E seguimos coas localizacións, pensando se trocar unha escena clave do guión. Parece que o deixaremos como estaba, imos a por todas!

MALDITO TAGLINE.