O tagline

Publicado: 7 Abril, 2010 por diamantesepistolas en actores, preprodución

Diamantes e pistolas… Pero pistooolas, pistolas.
Diamantes e pistolas… NUI!
Diamantes e pistolas… En realidade son cristais.
Diamantes e pistolas… Ctrl+Z
Diamantes e pistolas… QuentÍIIIIIIIn.
Diamantes e pistolas… Sempre nos quedará Bouzas.
Diamantes e pistolas… A letra con sangue entra
Diamantes e pistolas… Joder, atopar un tagline decente é máis dificil do que parece. Estamos a volvernos tolos. Iso sí, unhas risas botámonos, que parecemos parvos dicindo tantas estupideces.

E nesas andamos. Tamén modificamos o guión (xa temos o case definitivo, yuhu!!!) e xa podemos mandalo para os posíbles actores. Remataremos facendo un casting de actores amateurs, pero por tentalo… Non pasa nada.

Tamén tivemos unha maravillosa discusión acerca de hórreos e canastros e buscamos imaxes para o título do blog. Mellor non dicir as posibles opcións… E seguimos coas localizacións, pensando se trocar unha escena clave do guión. Parece que o deixaremos como estaba, imos a por todas!

MALDITO TAGLINE.

Advertisements

Primeiras posibles localizacións

Publicado: 15 Marzo, 2010 por diamantesepistolas en bouzas, preprodución

Hoxe estivemos dando un paseo por Vigo, polo barrio de Bouzas, na procura de localizacións para a curta. A verdade e que quedamos bastante contentos, xa que atopamos varias posibles localizacions onde rodar diferentes secuencias.

Así, hoxe foi un dia de cubrir fichas de localizacion e de sacar fotos. Deixamos aqui algunha das posibles localizacions. E aproveitamos para recomendarvos este fermoso barrio de vigués, do que o equipo enteiro quedou prendado.

Un saúdo!

Arrancamos!

Publicado: 14 Marzo, 2010 por diamantesepistolas en preprodución
Hoxe comezamos este blog, no que iremos contando os avances que se vaian producindo no desenvolvemento da curtametraxe Diamantes e Pistolas. O equipo está formado por:

Blanca García – Directora
Alex R. Canosa – Productor
Pablo Carrera – Arte
María Lema – Fotografía

Continuaremos actualizando con novidades. Un saúdo!